Esta aplicación ten por obxectivo combater a violencia de xénero e dotar de coñecementos sobre esta materia a poboación adolescente e moza do concello da Estrada. BENQUÉRO(ME) APP posibilita a abordaxe e a identificación de indicadores de ausencia de bo trato nas parellas entre a mocidade, a través dun cuestionario interactivo e ofrece información sobre relacións libres, de igual a igual.